2012
English: 2012

2012
Calendario gregoriano2012
MMXII
Ab urbe condita2765
Calendario armenio1461
Calendario chinés4708 – 4709
Calendario hebreo5772 – 5773
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2067 – 2068
 ·  Shaka Samvat1934 – 1935
 ·  Kali Yuga5113 – 5114
Calendario persa1390 – 1391
Calendario musulmán1433 – 1434
Calendario rúnico2262
Década de 2010
200820092010201120122013201420152016

2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

Acontecementos

Xaneiro

  • 1 de xaneiro: en Nixeria, conflitos por terras deixan un saldo de polo menos 50 mortos.[1]
  • 1 de xaneiro: en Xapón séntese un sismo de 7 graos sen vítimas nin alerta de tsunami.[2]
  • 1 de xaneiro: o Parlamento árabe pide retirar os seus observadores do territorio sirio, o que lle permite ao Goberno ocultar os seus abusos na guerra civil.[3]
  • 4 de xaneiro: descubrimento dos primeiros tiburóns híbridos en Australia.[4]
  • 4 de xaneiro: no fondo do océano Antártico descóbrense novas especies en fontes termais.[5]
  • 4 de xaneiro: lógrase abrir un burato no espazo-tempo, pero cunha duración de 40  picosegundos.[6]
  • 5 de xaneiro: en Bagdad e Nasiriya (Iraq) varios atentados terroristas contra musulmáns xiítas deixan polo menos 78 mortos e decenas de feridos. Esta nova escalada busca incitar a violencia sectaria no país.[7]
  • 6 de xaneiro: en Siria un atentado na capital Damasco deixa polo menos 26 mortos, mentres que a represión das forzas do goberno contra as manifestacións opositoras e os choques armados con militares rebeldes deixan polo menos outros 35 mortos en varias rexións do país.[8]
  • 6 de xaneiro: en Nixeria ataques terroristas cometidos nos últimos dous días polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram contra cristiáns deixan polo menos 28 mortos e obrigan a impoñer o toque de queda no estado nixeriano de Adamawa para conter unha escalada que podería desatar unha guerra civil sectaria no país.[9]
  • 6 de xaneiro: en Somalia un bombardeo aéreo das forzas militares da veciña Quenia contra forzas do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) deixa polo menos 60 milicianos mortos. O bombardeo formaba parte da ofensiva das tropas quenianas para conquistar a cidade costeira somalí de Kismayo baixo control de Al-Shabbaab, en resposta a accións terroristas como o secuestro de cooperantes españois.[10]
  • 10 de xaneiro: na cidade de Yamrud (Paquistán), un atentado terrorista deixa polo menos 35 mortos.[11]
  • 13 de xaneiro ao 22 de xaneiro: celébranse os primeiros Xogos Olímpicos da Xuventude de Inverno, en Innsbruck, Austria.
  • 13 de xaneiro: afúndese o cruceiro italiano Costa Concordia con máis de 4000 persoas a bordo. Dito accidente deixa 25 mortos.
    O Costa Concordia naufraga nas costas das Illas do Giglio.
  • 14 de xaneiro: na Cidade de Guatemala, Otto Pérez toma a presidencia.
  • 14 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida na cidade de Basora deixa polo menos 53 mortos. As vítimas eran peregrinos que participaban nunha festividade relixiosa islámica xiíta.[12]
  • 15 de xaneiro: en Guatemala realízase o cambio de gobernos municipais.
  • 15 de xaneiro: en Rada (Iemen), unha forza de asalto de 400 terroristas de Al Qaeda toma o control da cidade e proclama un «emirato islámico», mentres a poboación civil intenta fuxir ante o temor dunha batalla campal cando o exército iemení intente recuperar a cidade.[13]
  • 18 de xaneiro: en Birmania, unha explosión causa 3 mortos tras o reinicio das conversacións de paz.[14]
  • 18 de xaneiro: en Estados Unidos, O Pentágono cifra en 19.000 os casos de abuso sexual nas Forzas Armadas.[15]
  • 20 de xaneiro: en Nixeria varios ataques terroristas cometidos na cidade de Kano polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram causan polo menos 250 mortos. Os obxectivos dos ataques eran principalmente comisarías de policía.[16]
  • 21 de xaneiro: na India morren polo menos 13 policías nun ataque armado de guerrilleiros comunistas maoístas.
  • 22 de xaneiro: en Finlandia realízase a primeira volta das eleccións presidenciais.
  • 22 de xaneiro: en Nixeria, o grupo Boko Haram continúa a campaña de terror asasinando a 9 persoas de relixión cristiá e destruíndo igrexas.
  • 23 de xaneiro: en Libia un grupo armado de presuntos partidarios do derrocado e falecido ditador libio Muammar al-Gaddafi toman o control de parte da cidade de Bani Walid logo de violentos combates, nun aparente intento de desatar unha rebelión contra o novo goberno.
  • 27 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida nun funeral xiíta en Bagdad deixa polo menos 31 mortos e 60 feridos.[17]
  • 30 de xaneiro: en Siria intensifícanse os combates entre as forzas leais ao goberno e os militares rebeldes do exército popular a poucos quilómetros da capital Damasco. As forzas gobernamentais empregan artillería pesada e tanques nun esforzo para expulsar os rebeldes dos suburbios da capital que controlan.[18]
  • 30 de xaneiro: en Bruxelas comeza un cumio extraordinario da Unión Europea para tomar medidas para reactivar o crecemento e o emprego e seguir intentando evitar unha recesión grave nas economías europeas.[19]

Febreiro

Marzo

  • 2 de marzo: en Irán celébranse eleccións parlamentarias. O réxime iraniano non permitiu a inscrición da maioría dos candidatos da oposición reformista democrática, polo que nos comicios participaron principalmente as dúas faccións enfrontadas nas que se dividiu o oficialismo ultraconservador: os partidarios do líder supremo Ali Khamenei, que obtiveron unha vitoria esmagadora, e os do presidente Mahmoud Ahmadinejad, que sufriu unha humillante derrota, mentres que a oposición reformista, que chamara á abstención, denunciou que o réxime inflou falsamente a cifra de participación.[34]
  • 2 de marzo: en Bruxelas os xefes de Estado e de Goberno de todos os países da Unión Europea ―exceptuando Reino Unido e a República Checa― asinan un tratado de austeridade fiscal acordado en principio tres meses atrás e que obriga aos países asinantes a cumprir unha drástica e ríxida disciplina nas súas contas públicas para atallar a crise da débeda soberana e tratar de evitar unha conmoción económica.[35]
  • 4 de marzo: en Rusia celébranse eleccións presidenciais. O actual primeiro ministro Vladimir Putin obtén unha vitoria esmagadora que lle permitirá volver ocupar a presidencia (que xa ocupou durante dous mandatos no pasado), mais a oposición denuncia fraude nunhas eleccións xa cuestionadas porque non se permitiu a participación dos líderes da oposición extraparlamentaria e polo vantaxismo oficial na campaña, o que desata protestas nas rúas.
  • 4 de marzo: en Polonia, un accidente ferroviario deixa 16 mortos e 58 feridos.
  • 4 de marzo: na República do Congo morren polo menos 246 persoas, centos quedan feridas e 5000 sen vivenda nunha serie de explosións nun depósito de municións do Exército ao lado dun barrio popular na capital, Brazzaville. Aparentemente a orixe das explosións foi un accidente.[36]
  • 4 de marzo: en Iemen Al Qaeda ataca un cuartel do Exército iemení no sur do país e logo dunha batalla campal logra matar polo menos 185 militares e capturar decenas, no peor golpe que sufriron as Forzas Armadas do Iemen no marco da loita antiterrorista.[37]
  • 7 de marzo: en Libia o presidente do Consello Nacional de Transición (presidente provisional de Libia) Mustafa Abdul Jalil ameaza con usar a forza para manter unido o país, logo da proclamación un día antes na cidade de Bengasi da autonomía da rexión de Cirenaica por líderes tribais e as milicias locais.[38]
  • 10 de marzo: en Somalia morren entre 50 e 100 combatentes en sanguentos combates entre o grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab e forzas gobernamentais somalís e da veciña Etiopía. Isto dáse no marco da ofensiva lanzada por Etiopía, Kenya e a forza multinacional da Unión Africana para destruír Al-Shabbaab, vinculado a Al Qaeda.[39]
  • 11 de marzo: no Salvador realízanse eleccións lexislativas e municipais.
  • 19 de marzo: en España celébrase o Bicentenario das Cortes de Cádiz.
  • 19 de marzo: en Siria prodúcense encarnizados combates entre forzas leais ao goberno e forzas rebeldes nun exclusivo e céntrico barrio da capital Damasco, nun feito infrecuente até ese momento no conflito que vive o país, poñendo á vista a capacidade dos rebeldes para golpear a fortemente vixiada capital.[40]
  • 20 de marzo: en Iraq unha vaga de atentados terroristas con bombas sacode varias cidades do país, entre elas a capital Bagdad, Kerbala, Kirkuk e Al-Hillah. En total morren polo menos 51 persoas e 250 quedan feridas.[41]
  • 20 de marzo: no municipio de Ometepec (México) prodúcese un forte terremoto dunha magnitude de 7,9 graos Richter, rexistrándose moitos danos materiais.[42]
  • 21 de marzo: en Malí un grupo de militares derroca o goberno nun sanguento golpe de estado. Os militares golpistas, que xustificaron a súa acción polo insuficiente apoio do goberno derrocado aos militares na súa loita contra os guerrilleiros separatistas do pobo tuareg do norte do país, cerraron as fronteiras do país e formaron unha xunta militar de goberno.[43]
    Bandeira dos rebeldes tuareg en Malí.
  • 22 de marzo: en Iemen as forzas do goberno conxuntamente con forzas militares estadounidenses bombardean posicións de Al Qaeda no sur do país matando polo menos 29 terroristas.[44]
  • 26 de marzo: en Somalia, o Exército de Etiopía, co apoio dunha milicia pro-gobernamental somalí, conquista a cidade de Elbur, un dos principais bastións do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab, asociado a Al Qaeda. A caída de Elbur súmase á conquista doutras cidades, até aquelas controladas por Al-Shabbaab, por parte das forzas gobernamentais somalís e dos seus aliados estranxeiros da forza multinacional africana.[45]
  • 31 de marzo: en Malí os guerrilleiros separatistas de etnia tuareg do norte do país ( Movemento Nacional de Liberación do Azawad) lanzan unha ofensiva contra a estratéxica cidade de Gao, logo de ter conquistado o día anterior a tamén estratéxica localidade de Kidal. Os rebeldes independentistas están aproveitando a debilidade e a confusión que reinan nas forzas gobernamentais despois do recente golpe de estado para avanzar de forma acelerada, o que preocupa os países da rexión que ofrecen enviar tropas para frealos.[46]
  • 31 de marzo: en Tailandia un atentado terrorista na cidade de Yala, ao sur do país, causa polo menos 8 mortos e máis de 50 feridos. O atentado dáse nunha rexión onde son frecuentes os ataques dos guerrilleiros separatistas islámicos que loitan para crear un estado islámico independente e que denuncian a discriminación por parte da maioría budista de Tailandia.[47]

Abril

  • 1 de abril: en Malí, logo de ocupar as cidades de Kidal e Gao, os guerrilleiros secesionistas tuareg conquistan a histórica cidade de Tombouctou despois de que os soldados do Exército regular de Malí fuxiran e de que unha milicia árabe local pro-gobernamental se rendera ante os rebeldes. Con esta vitoria os rebeldes independentistas controlan practicamente a totalidade do norte do país, o que preocupa a comunidade internacional que teme que Al Qaeda aproveite esta situación para converter a rexión nunha base de operacións.[48]
  • 1 de abril: en Birmania celébranse eleccións parlamentarias parciais para cubrir unha parte relativamente pequena dos escanos ao Parlamento birmano. A oposición democrática contraria ao réxime militar arrasa nos comicios e a súa líder, a Premio Nobel da Paz Aung San Suu Kyi, é electa deputada.[49]
  • 2 de abril: en Malí un grupo próximo a Al Qaeda expulsa os rebeldes tuaregs da cidade de Tombouctou e conquístaa na súa maior parte. Os guerrilleiros tuareg que conquistaran a cidade o día anterior tiveron que repregarse ante a forza de Al Qaeda, o que complica a xa caótica situación de Malí despois do recente golpe de estado e que ameaza todo o norte de África.[50]
  • 3 de abril: en Iemen as forzas do goberno recuperan o control dunha rexión do sur do país despois de bombardear intensamente as posicións de Al Qaeda matando polo menos 43 guerrilleiros desa organización terrorista.[51]
  • 6 de abril: En Malí os rebeldes separatistas tuaregs proclaman a independencia de Azawad, o norte do actual Malí que ocuparon e que reivindican como patria súa. A comunidade internacional non recoñece a declaración de independencia deste pretendido novo Estado e pronúnciase pola defensa da unidade nacional e integridade territorial de Malí.[52]
  • 8 de abril: en Nixeria un atentado terrorista na cidade de Kaduna contra igrexas cristiás en plena celebración da Semana Santa deixa polo menos 38 persoas mortas e decenas feridas. Sospéitase que o atentado foi obra do grupo fundamentalista islámico Boko Haram na súa campaña para desatar unha guerra entre relixións no país.[53]
  • 9 de abril: en Somalia un atentado terrorista nun mercado da cidade de Baidoa deixa polo menos 11 mortos. A cidade onde ocorreu o atentado fora conquistada dous meses antes por tropas etíopes, que lle arrebataron o control ao grupo islamista Al-Shabbaab.[54]
  • 11 de abril: en Corea do Sur celébranse eleccións parlamentarias; triunfa o partido de centro-dereita do presidente Lee Myung-bak.[55]
  • 12 de abril: en Guinea Bissau un grupo de militares derrocan o goberno nun golpe de Estado.[56]
  • 14 de abril: centenario do afundimento do RMS Titanic no Océano Atlántico.
  • 14 e 15 de abril: en Cartaxena de Indias (Colombia) realízase o VI Cumio das Américas
  • 17 de abril: Cristina Fernández de Kirchner expropia YPF á empresa multinacional Repsol-YPF por razóns de interese nacional. O goberno español amósase desconforme e anuncia medidas en contra.[57]
    Cristina Fernández de Kirchner renacionaliza a empresa petroleira YPF, en mans da multinacional Repsol.
  • 20 de abril: científicos crean unha nova molécula capaz de transportar información xenética e reproducirse, chamado ADN sintético ou AXN.[58]
  • 22 de abril: en Francia celébrase a primeira volta das eleccións presidenciais. O socialista de centro-esquerda François Hollande obtén a vitoria, pero ao non ter a maioría absoluta do sufraxio popular deberá disputarse a presidencia nunha segunda volta co presidente saínte e aspirante a reelección, o conservador Nicolas Sarkozy.[59]
  • 23 de abril: as Forzas Armadas do Sudán anuncian que en tres días de combates mataron máis de 900 militares do Exército do Sudán do Sur no marco da guerra que sosteñen ambos países africanos por unha rexión rica en petróleo.[60]

Maio

  • 3 de maio: En Reino Unido celébranse eleccións municipais en varias rexións do país. O opositor Partido Laborista de centro-esquerda obtén importantes vitorias, aínda que o oficialista Partido Conservador logra tamén unha vitoria significativa ao reter a Alcaldía da capital Londres.
  • 4 de maio: en Irán celébrase a segunda volta das eleccións parlamentarias.[61]
  • 6 de maio: François Hollande é elixido Presidente da República Francesa na segunda volta das eleccións presidenciais.[62]
  • 6 de maio: en Grecia celébranse eleccións parlamentarias e a centro-dereita de Nova Democracia obtén a vitoria, pero cunha maioría relativa moi afastada da maioría absoluta e no contexto duns resultados moi fragmentados, co auxe ademais da esquerda populista e a extrema dereita, o que fai imposible formar goberno e obriga aos poucos días a adiantar as eleccións de novo, poñendo a Grecia a piques de abandonar o euro.[63]
  • 6 de maio: en Serbia celébranse eleccións presidenciais, parlamentarias e municipais. Ante a falta de maioría absoluta as eleccións presidenciais deberán definirse nunha segunda volta, e nas eleccións parlamentarias os resultados son fragmentados, pero os partidos pro-europeos obteñen suficiente apoio como para poder formar goberno.
  • 6 de maio: en Italia celébranse eleccións municipais en varias rexións do país.[64]
  • 9 de maio: en España, o Goberno anuncia recortes de 10.000 millóns de euros nos orzamentos de Educación e Saúde, e nacionaliza o banco Bankia, que necesitaría unha cifra similar para non quebrar.[65]
  • 11 de maio: os « indignados» anuncian retomar as protestas en distintos puntos de Madrid e de España, aproximándose o primeiro ano do seu nacemento: o 15 de maio de 2011.[66]
  • 12 de maio: os indignados retoman as protestas nas principais cidades españolas.[67]
  • 13 de maio: en Tiflis (capital de Xeorxia), as graves inundacións deixan 5 mortos, destrúen casas e deixan decenas de persoas atrapadas.
  • 15 de maio: na cidade de Bogotá (Colombia) cométese un atentado contra Fernando Londoño.
  • 20 de maio: eleccións presidenciais na República Dominicana.
  • 20 de maio: eclipse solar anular.
  • 20 de maio: en Serbia celébrase a segunda volta das eleccións presidenciais. Triunfa o nacionalista Tomislav Nikolic, o que fai temer maior inestabilidade política e unha debilitación do compromiso coa integración europea.[68]
  • 21 de maio: no Iemen un atentado terrorista suicida reivindicado por Al Qaeda deixa polo menos 70 mortos e 100 feridos entre os militares que participaban no ensaio dun desfile militar na capital Sana. O atentado (no que resultou ileso o Ministro de Defensa que presenciaba o ensaio) foi unha resposta á ofensiva militar do goberno iemení contra Al Qaeda no sur do país que deixou decenas de mortos nos días anteriores ao atentado.[69]
  • 21 de maio: en Malí o presidente interino Dioncounda Traoré é golpeado brutalmente por unha turba de manifestantes que asaltou o Palacio Presidencial reclamando a partida do presidente e a súa substitución polo líder da xunta militar que protagonizou un golpe de estado unhas semanas atrás.[70]
  • 23 de maio: en Exipto comeza a primeira volta das eleccións presidenciais, nunha votación que se estenderá durante dous días seguidos. Considéranse as primeiras eleccións libres da historia do país e elixirase o primeiro presidente democrático logo da caída da ditadura de Hosni Mubarak.[71]
  • 23 de maio: a Xendarmería do Vaticano detén o mordomo do papa Bieito XVI, Paolo Gabriele por supostamente desvelar documentos secretos (que apareceron no libro Sua Santità. Le carte segrete di Benedetto XVI). Comeza o fenómeno do Vatileaks.
  • 25 de maio: en Siria ocorre un masacre na cidade de Hula na que morren polo menos 108 persoas, na súa maioría civís e unha gran parte deles nenos. A oposición siria e a maior parte da comunidade internacional atribúen o masacre ás forzas leais ao goberno sirio que empregarían artillería pesada e executarían persoas tomadas nos seus domicilios, mais o réxime sirio nega a súa responsabilidade nos feitos violentos, que continuarían os días seguintes.
  • 26 de maio: en Bakú (Acerbaixán) celébrase o LVII Festival da Canción de Eurovisión, que finaliza coa gañadora Loreen e a súa canción "Euphoria".
  • 27 de maio: en Uruguai celébranse eleccións internas na Fronte Ampla.
  • 29 de maio: en Italia, un terremoto de 5,8 graos deixa destrozos na cidade de Boloña.
  • 30 de maio: o exditador de Liberia, Charles Taylor, é condenado a 50 anos de cárcere polo Tribunal Especial para Serra Leoa por crimes de lesa humanidade cometidos por Taylor ao apoiar os rebeldes da veciña Serra Leoa durante a guerra civil que azoutou ese país, apoio polo que Taylor recibiu diamantes de sangue. Trátase da primeira sentenza ditada por un tribunal penal internacional contra un ex-xefe de Estado desde os Xuízos de Nuremberg.[72]

Xuño

  • 2 de xuño: en Exipto o exditador Hosni Mubarak é condenado a cadea perpetua por complicidade no asasinato de 850 manifestantes durante a rebelión popular que terminou no seu derrocamento. Trátase do primeiro exgobernante deposto na chamada Primavera árabe que é xulgado e condenado.[73]
  • 6 de xuño: en Siria ocorre un novo masacre en dúas aldeas da provincia de Hama cun saldo de polo menos 78 mortos civís, moitos deles mulleres e nenos. A oposición siria e a comunidade internacional culpan as forzas leais ao goberno sirio, que volve negar a súa responsabilidade nos feitos.[74]
  • 10 de xuño: en Francia celébrase a primeira volta das eleccións parlamentarias. A centro-esquerda do Partido Socialista e os seus aliados obteñen a vitoria, colocándose en posición sólida para ter o control da Asemblea Nacional de Francia na segunda volta.
  • 14 de xuño: en Iraq unha vaga de atentados terroristas en diferentes cidades do país deixa polo menos 72 mortos en total e decenas de feridos.[75]
  • 15 de xuño: no Iemen as forzas militares do goberno conquistan a cidade costeira de Shoqra, a terceira cidade que estaba en mans de Al Qaeda que cae en mans das forzas gobernamentais nunha semana de intensos combates.[76]
  • 17 de xuño: en Exipto conclúe a segunda volta das eleccións presidenciais. O islamista Mohamed Morsi obtén a vitoria, converténdose no primeiro presidente democraticamente electo de Exipto.[77]
  • 17 de xuño: en Francia celébrase a segunda volta das eleccións parlamentarias. O Partido Socialista obtén a vitoria con maioría absoluta na Asemblea Nacional de Francia, o que permitirá ao presidente François Hollande gobernar con plenos poderes.[78]
  • 17 de xuño: en Grecia celébranse novas eleccións parlamentarias e os conservadores de Nova Democracia obteñen a vitoria, aínda que sen maioría absoluta, mais co apoio doutros partidos europeístas (especialmente dos socialistas do PASOK) poderán formar goberno, o que constitúe un alivio para Europa e para a economía mundial ameazada por unha nova crise se Grecia abandonaba o euro de maneira caótica.[79]
  • 30 de xuño: en Colombia fai erupción o volcán Nevado del Ruiz, cunha erupción de gases e cinzas sen afectar o caudal dos ríos.

Xullo

  • 1 de xullo: eleccións presidenciais en México.
  • 5 de xullo: en Colombia é capturado por axentes da Policía e cadetes da Armada o narcotraficante Camilo Torres Martínez, alias Fritanga, quen estaba ao servizo da banda Los Urabeños.
  • 11 de xullo: o presidente do goberno de España Mariano Rajoy anuncia medidas extraordinarias para conter o déficit público, entre elas a subida do IVE e o recorte no soldo dos funcionarios.
  • 15 de xullo: en Siria estallan os máis violentos combates na cidade capital Damasco desde que comezou a guerra civil, cando os rebeldes lanzan unha operación a grande escala para conquistar a cidade e o réxime responde con fortes bombardeos e ataques nos barrios onde se concentran os rebeldes.[80]
  • 18 de xullo: en Bulgaria, un atentado suicida nun autobús de turistas Israelís no Aeroporto de Burgas deixa 8 mortos e 30 feridos.[81]
  • 18 de xullo: en Siria nun atentado cometido en Damasco morren o Ministro da Defensa e outros altos funcionarios do Goberno. O asasinato é reivindicado polos rebeldes sirios que desde facía días libraban intensos combates na capital.[82]
  • 20 de xullo: En Aurora, Colorado, durante a estrea da película O cabaleiro escuro: a lenda renace no cine Century 16, prodúcese un tiroteo levado a cabo por un pistoleiro solitario deixando un saldo de 12 persoas mortas e 59 máis feridas.[83]
    O tiroteo no cine Century 16 deixou un saldo de 12 persoas mortas mentres presenciaban a estrea da película The Dark Knight rises.
  • 22 de xullo: en Madagascar o Exército irrompe nun campamento militar con soldados amotinados cerca do aeroporto internacional do país e arresta unha serie de sospeitosos, estes militantes teñen demandas que non están claras.[84]
  • 23 de xullo: a Bolsa de Madrid prohibe operacións curtas ou baixistas debido á crise económica española. A prima de risco da débeda española alcanza máximos históricos.
  • 23 de xullo: en Iraq, unha serie de atentados terroristas en diversas cidades do país deixa polo menos 107 persoas mortas e 161 feridas.[85]
  • 23 de xullo: o primeiro ministro do Xapón, Yoshihiko Noda, promete que non haberá máis accidentes como o ocorrido na Central nuclear Fukushima I a raíz do terremoto e o tsunami do 11 de marzo de 2011, asegurando que o Goberno implementará as medidas necesarias para evitar outro desastre.
  • 26 de xullo: o Goberno español anuncia que España non poderá ser rescatada da Crise da Eurozona.[86]
  • 27 de xullo: en Reino Unido comezan os Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Agosto

  • 4 de agosto: a Italiana Jessica Rossi bateu os récords olímpicos ao acertar 99 disparos sobre 100, en tiro ao voo, nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
  • 5 de agosto: o Xamaicano Usain Bolt vence nos 100 metros dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, o seu segundo título olímpico nesa distancia, cunha marca de 9.63 s, a segunda mellor da historia e récord olímpico.
  • 12 de agosto: finalizan os Xogos Olímpicos de Londres 2012.
  • 16 de agosto: na República Dominicana, Danilo Medina toma posesión como presidente.
  • 25 de agosto: no estado Falcón (Venezuela) sucede a explosión na refinería de Amuay (unha das máis grandes do mundo), causando a morte de polo menos 55 persoas e deixando máis de 100 persoas feridas.
  • 27 de agosto: en Somalia as Forzas Armadas do goberno somalí, con apoio dos seus aliados das forzas multinacionais africanas, conquistan a estratéxica cidade costeira de Marka até ese momento en mans do rebelde grupo islamista Al-Shabbaab. Considérase unha importante vitoria na campaña para erradicar o grupo fundamentalista e pacificar o país.

Setembro

  • 5 de setembro: na península de Nicoya ―na costa occidental de Costa Rica― sucede un terremoto de 7,6 graos na escala de Richter.[87]
  • 5 de setembro: en Bos Aires, a Comisión de Asuntos Constitucionais do Senado arxentino comeza a debater unha reforma electoral impulsada polo oficialismo para que poidan votar os estranxeiros con residencia permanente e ―opcionalmente (sen voto obrigatorio)― os mozos de 16 e 17 anos.[88]
  • 10 de setembro: Venezuela inicia os trámites para retirarse da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) e a Corte Interamericana de Dereitos Humanos (CorteIDH). O comunicado enviado a ditos organismos entrará en efecto o 10 de setembro de 2013, mais neste prazo o país sudamericano pode rectificar a súa decisión.
  • 10 de setembro: en Paquistán as choivas monzónicas deixan 78 mortos. Estas chuvias afectan a todo o país de forma desigual.
  • 12 de setembro: nos Países Baixos celébranse eleccións parlamentarias. O partido do primeiro ministro liberal de centro-dereita Mark Rutte obtén a vitoria e espérase que poida formar goberno en coalición cos laboristas de centro-esquerda (ambos partidos europeístas).[89]
  • 13 de setembro: na Arxentina prodúcense protestas en repudio ás políticas de goberno de Cristina Fernández de Kirchner.[90][91]
  • 22 de setembro: o Consello de Seguridade das Nacións Unidas alerta da consolidación de grupos terroristas en Malí, inmersa nunha transición política, mentres a rexión de Azawad permanece baixo control de diversas milicias islamistas e locais.[92]
  • 22 de setembro: en España, no Festival de MTV Beach en Madrid prodúcense disturbios deixando 11 detidos e un saldo de 60 feridos.[93]
  • 23 de setembro: na montaña Manaslu (Nepal), no Himalaia, un alude deixa 9 mortos.
  • 25 de setembro: en Madrid, a policía reprime manifestantes que arrodean o Congreso. Deteñen 35 persoas e feren 64 (28 dos cales necesitaron hospitalización).[94]
  • 26 de setembro: en Atenas (Grecia) a policía reprime manifestantes, e detén 50.[95]
  • 28 de setembro: en España, chuvias torrenciais deixan un total de 10 mortos no sur.
  • 29 de setembro: en Somalia logo dunha sorpresiva ofensiva por mar, terra e aire iniciada o día anterior, as forzas militares de Quenia e as Forzas Armadas do goberno somalí conquistan a cidade costeira de Kismaayo, a última das grandes cidades somalís que quedaba en mans do rebelde grupo islamista Al-Shabbaab. Considérase un duro golpe ao grupo fundamentalista non só porque era a sede do seu cuartel xeral, senón porque os "impostos" que cobraba no porto da cidade era a súa principal fonte de ingresos.[96]
  • 30 de setembro: en Colombia sucede un terremoto de 7,1 graos na escala de Richter, mais que non deixa mortos nin feridos.

Outubro

Novembro

Nenos fuxindo do fogo gazatí en Kiryat Mal'aji durante o conflito entre Israel e Gaza.

Decembro

21 de decembro: reinicio do calendario maia.
  • 1 de decembro - En México, Enrique Peña Nieto toma posesión como Presidente de México, converténdose así no sexaxésimo cuarto presidente para o mandato presidencial 2012 - 2018, mentres en distintos lugares o Movemento Yosoy132 manifestábase en contra.
Manifestantes durante a toma de protesta de Enrique Peña Nieto, no cerco de San Lázaro.
  • 8 de decembro - En Qatar, a Conferencia das Nacións Unidas sobre os Cambios Climáticos acorda estender o protocolo de Quioto até 2020.[114]
  • 9 de decembro
    • En Filipinas disípase o Tifón Bopha, que ao seu paso polo país deixou polo menos 647 mortos e máis de 1400 feridos, mentres polo menos 780 persoas permanecen desaparecidas e centos de milleiros quedaron damnificadas.[115]
    • En Iturbide (México) estrélase un avión Learjet 25. Morren todos os ocupantes, entre eles a cantante Jenni Rivera.
  • 11 de decembro - En Tucumán (Arxentina) finaliza o xuízo polo caso Marita Verón; os 13 acusados son absoltos, o que xerou disturbios.[116]
  • 14 de decembro - En Newtown (Estados Unidos) morren 27 persoas a causa dun tiroteo na escola primaria Sandy Hook (véxase Masacre da Escola Primaria de Sandy Hook).[117]
  • 16 de decembro
  • 19 de decembro
    • Nos Ánxeles (Estados Unidos) realízase a 61.ª edición do concurso Miss Universo onde a estadounidense Olivia Culpo é coroada Miss Universo 2012.[119]
    • Park Geun-Hye, filla do ex-ditador Park Chung-hee, vence nas eleccións presidenciais de Corea do Sur e tórnase a primeira presidenta do país.[120]
    • Descubertos cinco planetas orbitando arredor de Tau Ceti, un deles potencialmente habitable.[121]
  • 20 de decembro - Durante os próximos días rexístrase unha onda de violentos saqueos nalgunhas cidades da Arxentina, empezando por Bariloche, deixando polo menos 6 mortos, centos de feridos e 700 detidos.[122]
  • 21 de decembro
    • Último día do décimo terceiro baktún (ciclo de 144.000 días) na conta longa do calendario maia. Durante meses en innumerables sitios estableceuse a crenza de que hoxe era a fin do mundo.[123]
    • Inauguración do Estádio do Mineirão, segundo estadio concluído para a Copa do Mundo de 2014, en Belo Horizonte.[124]
  • 23 de decembro - Data alternativa para a fin do calendario Maia, utilizando 584.285 días xulianos baseados en estudos de especialistas.
  • 27 de decembro - Colombia, é asasinada Lorena Henao Montoya, viúva de Iván Urdinola Grajales, extinto capo do cartel do Norte del Valle.
  • 28 de decembro - Jiroemon Kimura (19/4/1897-12/6/2013), que neste día tiña 115 anos e 253 días, convértese no home máis vello da historia, superando a Christian Mortensen.[125]
  • 29 de decembro
  • 31 de decembro
    • Expira o primeiro período do compromiso do Protocolo de Quioto.
    • En Irak, unha serie de atentados deixa 23 mortos e máis de 70 feridos.[127]
    • Nunha leira de Envigado (Colombia) son asasinadas 9 persoas por vinganza das bandas criminais[128]
Other Languages
Аҧсшәа: 2012
Afrikaans: 2012
Alemannisch: 2012
አማርኛ: 2012 እ.ኤ.አ.
aragonés: 2012
العربية: 2012
ܐܪܡܝܐ: 2012
مصرى: 2012
অসমীয়া: ২০১২
asturianu: 2012
авар: 2012 сон
Aymar aru: 2012
azərbaycanca: 2012
башҡортса: 2012 йыл
Boarisch: 2012
žemaitėška: 2012
Bikol Central: 2012
беларуская: 2012
беларуская (тарашкевіца)‎: 2012
български: 2012
भोजपुरी: 2012
Banjar: 2012
বাংলা: ২০১২
brezhoneg: 2012
bosanski: 2012.
буряад: 2012 он
català: 2012
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: 2012 nièng
нохчийн: 2012 шо
Cebuano: 2012
کوردی: ٢٠١٢
corsu: 2012
qırımtatarca: 2012
čeština: 2012
kaszëbsczi: 2012
Чӑвашла: 2012
Cymraeg: 2012
dansk: 2012
Deutsch: 2012
Zazaki: 2012
dolnoserbski: 2012
ދިވެހިބަސް: 2012
Ελληνικά: 2012
emiliàn e rumagnòl: 2012
English: 2012
Esperanto: 2012
español: 2012
eesti: 2012
euskara: 2012
estremeñu: 2012
فارسی: ۲۰۱۲
suomi: 2012
Võro: 2012
føroyskt: 2012
français: 2012
arpetan: 2012
Nordfriisk: 2012
furlan: 2012
Frysk: 2012
Gaeilge: 2012
Gagauz: 2012
贛語: 2012年
Gàidhlig: 2012
گیلکی: ۲۰۱۲
Avañe'ẽ: 2012
Gaelg: 2012
客家語/Hak-kâ-ngî: 2012-ngièn
עברית: 2012
हिन्दी: २०१२
Fiji Hindi: 2012
hrvatski: 2012.
hornjoserbsce: 2012
Kreyòl ayisyen: 2012 (almanak gregoryen)
magyar: 2012
հայերեն: 2012
interlingua: 2012
Bahasa Indonesia: 2012
Ilokano: 2012
ГӀалгӀай: 2012 шу
Ido: 2012
íslenska: 2012
italiano: 2012
日本語: 2012年
la .lojban.: 2012moi
Jawa: 2012
ქართული: 2012
Kabɩyɛ: 2012
қазақша: 2012 жыл
kalaallisut: 2012
ភាសាខ្មែរ: ឆ្នាំ ២០១២
ಕನ್ನಡ: ೨೦೧೨
한국어: 2012년
Перем Коми: 2012’ во
къарачай-малкъар: 2012 джыл
Ripoarisch: Joohr 2012
kurdî: 2012
коми: 2012-ӧд во
kernowek: 2012
Кыргызча: 2012
Latina: 2012
Lëtzebuergesch: 2012
лезги: 2012 йис
Limburgs: 2012
Ligure: 2012
lumbaart: 2012
لۊری شومالی: ۲۰۱۲ (زارۊیی)
lietuvių: 2012 m.
latviešu: 2012. gads
मैथिली: २०१२
Basa Banyumasan: 2012
Malagasy: 2012
олык марий: 2012
Māori: 2012
Minangkabau: 2012
македонски: 2012
മലയാളം: 2012
монгол: 2012 он
मराठी: इ.स. २०१२
кырык мары: 2012 и
Bahasa Melayu: 2012
မြန်မာဘာသာ: ၂၀၁၂
эрзянь: 2012 ие
مازِرونی: ۲۰۱۲ (میلادی)
Dorerin Naoero: 2012
Nāhuatl: 2012
Napulitano: 2012
Plattdüütsch: 2012
Nedersaksies: 2012
नेपाली: सन २०१२
नेपाल भाषा: सन् २०१२
Nederlands: 2012
norsk nynorsk: 2012
norsk: 2012
Nouormand: 2012
Sesotho sa Leboa: 2012
occitan: 2012
Livvinkarjala: 2012
ଓଡ଼ିଆ: ୨୦୧୨
Ирон: 2012-æм аз
ਪੰਜਾਬੀ: 2012
Pangasinan: 2012
Papiamentu: 2012
पालि: २०१२
polski: 2012
Piemontèis: 2012
پنجابی: 2012
پښتو: 2012
português: 2012
Runa Simi: 2012
română: 2012
русский: 2012 год
русиньскый: 2012
संस्कृतम्: २०१२
саха тыла: 2012 сыл
sardu: 2012
sicilianu: 2012
Scots: 2012
سنڌي: 2012ع
davvisámegiella: 2012
srpskohrvatski / српскохрватски: 2012
ၽႃႇသႃႇတႆး : 2012
සිංහල: 2012
Simple English: 2012
slovenčina: 2012
slovenščina: 2012
Gagana Samoa: 2012
Soomaaliga: 2012
shqip: 2012
српски / srpski: 2012
Seeltersk: 2012
Sunda: 2012
svenska: 2012
Kiswahili: 2012
ślůnski: 2012
தமிழ்: 2012
తెలుగు: 2012
tetun: 2012
тоҷикӣ: Соли 2012
ไทย: พ.ศ. 2555
Türkmençe: 2012
Tagalog: 2012
Tok Pisin: 2012
Türkçe: 2012
татарча/tatarça: 2012 ел
тыва дыл: 2012 чыл
удмурт: 2012 ар
українська: 2012
اردو: 2012ء
oʻzbekcha/ўзбекча: 2012
vèneto: 2012
Tiếng Việt: 2012
West-Vlams: 2012
Volapük: 2012
walon: 2012
Winaray: 2012
吴语: 2012年
хальмг: 2012 җил
მარგალური: 2012
ייִדיש: 2012
Yorùbá: 2012
Zeêuws: 2012
中文: 2012年
Bân-lâm-gú: 2012 nî
粵語: 2012年
isiZulu: 2012