2011

2011
Calendario gregoriano2011
MMXI
Ab urbe condita2764
Calendario armenio1460
Calendario chinés4707 – 4708
Calendario hebreo5771 – 5772
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2066 – 2067
 ·  Shaka Samvat1933 – 1934
 ·  Kali Yuga5112 – 5113
Calendario persa1389 – 1390
Calendario musulmán1432 – 1433
Calendario rúnico2261
Década de 2010
200720082009201020112012201320142015

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

Acontecementos

Xaneiro

Toma de posesión de Dilma Rousseff en Brasília.
Revolución dos Xasmíns en Tunisia.
Caricatura do efecto dominó creado pola Crise Política de Tunisia no mundo árabe.

Febreiro

Vista da Catedral de Christchurch despois do sismo do 22 de febreiro.
  • 2 de febreiro
    • O Museo Exipcio do Cairo é albo de ataques vandálicos por parte dos manifestantes anti-Mubarak. Rexistráronse incendios nos xardíns do museo e un total de 70 pezas arqueolóxicas danadas.
    • Publícase a primeira edición de The Daily, o primeiro periódico deseñado exclusivamente para a súa visualización no iPad.
    • Descubrimento do sistema planetario Kepler-11.
  • 3 de febreiro - Comeza o Ano Novo Chinés.
  • 4 de febreiro - Protocolo IPv4 esgótase e será substituído polo IPv6 que é capaz de xerar 340 decillóns de combinacións.[22]
  • 11 de febreiro - Triunfo da Revolución Exipcia despois de dezaoito días de violentas protestas, Hosni Mubarak renuncia á presidencia do país e deixa o poder en mans das Forzas Militares.[23][24]
  • 13 de febreiro - 53º edición dos Grammy Awards.[25]
  • 16 de febreiro - Na cidade mexicana de Guadalajara, incéndiase un hotel en construción pertencente á cadea española Riu, rexistrándose un saldo de 2 traballadores mortos e 27 feridos[26]
  • 21 de febreiro - En Libia a rebelión popular contra o réxime de Muammar al-Gaddafi, que leva xa varios días, agrávase e parece converterse nunha guerra civil cando se informa de que a aviación militar leal ao réxime bombardeou os manifestantes opositores na capital Trípoli causando polo menos 250 mortos e que unidades do Exército libio se sublevaran uníndose aos rebeldes na cidade de Bengasi e combatendo contra as unidades de elite leais ao réxime.[27]
  • 22 de febreiro
    • En Christchurch (Nova Zelandia) prodúcese un terremoto de magnitude 6.3, deixando 113 vítimas fatais, 2500 feridos e 228 desaparecidos.[28][29]
    • En Libia o país achégase ao caos cando Muammar al-Gaddafi ameaza con masacrar os manifestantes rebeldes nun discurso por televisión, intensificando así a matanza indiscriminada con bombardeos e tiroteos, mentres o seu até daquelas Ministro do Interior se une á revolución contra Gaddafi e fai un chamamento ao Exército para que se una aos rebeldes.[30]
  • 23 de febreiro - En Libia consolídase o control das forzas rebeldes sobre as rexións do leste do país, e máis unidades das Forzas Armadas pásanse ao bando rebelde; mentres Gaddafi e os seus leais atrinchéiranse en Trípoli nunha nova escalada do conflito.[31]
  • 27 de febreiro - No Teatro Kodak dos Ánxeles (Estados Unidos) realízase a entrega dos Premios Óscar de 2010, para premiar o mellor da industria cinematográfica de Hollywood durante o ano 2010. The King's Speech obtén o Oscar ó mellor filme.
Central nuclear de Fukushima

Marzo

Abril

Lugar do atentado do 28 de abril.
O Príncipe Willian e Kate bicándose tras o seu casamento.
  • 29 de abril - Casamento real do Príncipe William e Kate Middleton.

Maio

Xuño

Xullo

A Oficina do Primeiro Ministro Noruegués atacada durante os atentados de xullo de 2011.
Edificio destruído tras os disturbios de Londres.
Aterraxe do Atlantis.

Agosto

Crise alimentaria do Corno de África de 2011.

Setembro

Detector OPERA.
CASA 212 da Forza Aérea de Chile, accidentado cerca da Illa Robinson Crusoe, no arquipélago Juan Fernández (Chile).

Outubro

Novembro

Decembro

  • 3 de decembro
    • Astrónomos descobren 18 novos planetas fóra do Sistema Solar.[307]
    • Debido á escaseza de chuvias en Alemaña, o nivel do río Rin na cidade de Koblenz baixa e revela unha bomba da Segunda Guerra Mundial, causando a evacuación de 45 mil persoas ao seu redor.[308]
    • Herman Cain, pre-candidato polo partido republicano á presidencia dos Estados Unidos, desiste da súa candidatura tras denuncias de acoso sexual feitas por mulleres coñecidas do candidato.[309]
  • 4 de decembro
    • O goberno italiano de Mario Monti aproba o primeiro paquete de medidas anticrise que supoñen uns duros recortes para a poboación, entre eles, aumentar a cotización das pensións aos 42 anos.[310]
    • En Rusia celébranse eleccións parlamentarias e o partido Rusia Unida do primeiro ministro Vladimir Putin obtén a vitoria ao conservar a maioría absoluta. Con todo, a vitoria vese empanada por unha considerable redución de votos e escanos para Rusia Unida en comparación coas eleccións anteriores, e por denuncias de fraude electoral que orixinan protestas na rúa.[311]
    • En Croacia celébranse eleccións parlamentarias e triunfa a oposición socialdemócrata de centro-esquerda.[312]
    • En Eslovenia celébranse eleccións parlamentarias, e un partido opositor de centro-esquerda gaña pero sen obter maioría absoluta.[313]
  • 5 de decembro - O ex-presidente de Costa do Marfil, Laurent Gbagbo comparece por primeira vez ante a Corte Penal Internacional para responder por crimes de lesa humanidade, nun feito histórico ao ser o primeiro ex xefe de estado que comparece en audiencia xudicial como acusado ante esta corte. Gbagbo quéixase de maltratos contra el e a súa familia por parte de militares franceses durante a súa captura e cativerio en Costa do Marfil.[314]
  • 7 de decembro
    • Michele Zagaria, líder do clan Casalesi, é preso en Italia tras ser encontrado nun bunker subterráneo na súa cidade natal, Casapesenna. Michele estaba foraxido desde hai 16 anos e era un dos criminais máis buscados.[315]
    • Al-Saadi al-Gaddafi, fillo do ex-ditador Muammar al-Kadhafi, é preso ao tentar entrar en México.[316]
  • 9 de decembro - En Bruxelas conclúe o histórico cumio europeo destinado a tomar medidas para salvar o euro e solucionar a grave crise de débeda soberana dos países da Unión Europea. Acórdanse drásticas medidas de disciplina fiscal para reducir as débedas dos estados europeos e así calmar os mercados financeiros, pero o cumio vese empanado pola negativa do Reino Unido de participar no acordo, quedando illado do resto da Unión.[317][318]
  • 10 de decembro
    • En Rusia celébranse as manifestacións de protesta máis multitudinarias desde a fin da Unión Soviética; os manifestantes protestan pola presunta fraude electoral nas recentes eleccións parlamentarias e contra o goberno de Vladimir Putin.[319]
    • O estudante Ross Truett Ashley de 22 anos da Universidade Radford, entra armado na Universidade Virginia Tech, tirotea e mata un oficial da policía e suicídase logo.[320]
    • Nas Filipinas, un avión bimotor cae sobre unha escola e deixa 13 mortos e 20 feridos.[321]
    • Eclipse lunar total, visible principalmente en Asia, Australia e Alasca.[322]
    • Salomón Lerner Ghitis renuncia do cargo de primeiro ministro do Perú.[323]
  • 11 de decembro
    • No Panamá chega ao país o exditador panameño Manuel Antonio Noriega, extraditado por Francia (onde cumpriu condena por branqueo de cartos); Noriega ten pendentes varias condenas ditadas en ausencia pola xustiza panameña por asasinatos de opositores do seu réxime e outros crimes de lesa humanidade, e ademais debe enfrontar acusacións por outros delitos.[324]
    • Termina o COP 17 en Durban en Suráfrica coa creación dun novo acordo para a redución de emisións de gases invernadoiro até 2015 e a renovación do Protocolo de Kyoto até 2017.
    • Terremoto de magnitude 6.5 sacode a rexión de Guerrero, en México.[325]
    • En votación histórica, a poboación do estado do Pará vota e decide non dividir o estado en 3 estados:Pará, Carajás e Tapajós sendo 66,8% e 66,3% dos votos contra a creación de cada estado respectivamente.[326]
  • 13 de decembro - En Bélxica, Nordine Amrani de 33 anos, dispara tiros cun rifle e lanza granadas nunha praza no centro da cidade de Liexa deixando 5 persoas mortas (el incluído) e 123 feridas.[327]
  • 14 de decembro - Terremoto de magnitude 7,3 sacode Papúa Nova Guinea.[328]
  • 15 de decembro
    • Goberno dos Estados Unidos declara a fin da guerra do Iraq despois de 9 anos de actuación militar no país.[329]
    • En Exipto celébrase a segunda fase das eleccións lexislativas.[330]
  • 18 de decembro - Estados Unidos culmina a retirada de Irak, os últimos 500 militares estadounidenses cruzan a fronteira con Kuwait pola mañá, despois de ter entregado a súa última base a militares iraquís dous días antes.[331][332]
  • 19 de decembro - En Corea do Norte, o réxime dá a coñecer a morte do até entón ditador do país Kim Jong-il, acaecida dous días antes; a nova sementa incerteza e temor pola estabilidade da rexión asiática, aínda que en principio o fillo do falecido líder, Kim Jong-un, sucede a seu pai.[333][334]
  • 22 de decembro - En Iraq varios atentados terroristas na capital, Bagdad, deixan polo menos 71 mortos e decenas de feridos. Os atentados foron reivindicados días despois polo grupo fundamentalista islámico sunnita Estado Islámico de Irak, vinculado a Al Qaeda, e tiveron como obxectivo aos islámicos xiítas, facendo temer un rexurdir da guerra civil sectaria no país.[335][336]
  • 23 de decembro
    • En Siria atentados terroristas na capital, Damasco, deixan polo menos 44 mortos e mentres o goberno llos atribúe á rede terrorista Al Qaeda, a oposición atribúellos ao propio goberno para desacreditar os opositores. Isto ocorre mentres recrúa a violencia no país pola represión ás protestas contra o presidente Bashar al-Assad e polos enfrontamentos armados entre militares leais ao réxime e militares desertores rebeldes, arrastrando o país á guerra civil.[337]
    • En Dosquebradas (Colombia), a explosión dun oleoduto deixa 15 vítimas e máis de 90 feridos ( traxedia de Dosquebradas de 2011). As causas atribúense ao roubo ilegal de combustible na zona.[338]
    • Sismo de magnitude 5,8 sacode Nova Zelandia.[339]
  • 24 de decembro - En Rusia celébrase unha segunda onda de manifestacións multitudinarias de protesta contra o primeiro ministro Vladimir Putin e a presunta fraude electoral nas eleccións parlamentarias; as protestas son máis concorridas que as da vez anterior e as máis grandes en vinte anos.[340]
  • 25 de decembro
    • En Nixeria varios atentados coordinados contra igrexas católicas (en plenas celebracións relixiosas de nadal) deixan polo menos 49 mortos e máis dun centenar de feridos. Os atentados atribúenselle ao grupo fundamentalista islámico nixeriano Boko Haram, en guerra contra o goberno do país.[341]
    • En Afganistán un atentado terrorista suicida nun funeral deixa polo menos 20 mortos e decenas de feridos; o atentado ocorre en momentos nos que operacións das forzas militares e policiais afgás e das forzas internacionais mataran polo menos 30 guerrilleiros.[342]
  • 26 de decembro - En Guinea Bissau é aparentemente sufocado un confuso intento de golpe de Estado, con versións encontradas dos militares enfrontados e un baleiro de poder temporal ante a incerteza do paradoiro do primeiro ministro e a ausencia do presidente (de viaxe polo estranxeiro).
  • 27 de decembro
    • Activista indio Hazare inicia nova folga de fame como forma de esixir o endurecemento da lei anticorrupción no país.[343]
    • Cuba concédelle amnistía a 2900 prisioneiros.[344]
    • Sismo de magnitude 6,6 sacode a rexión de Siberia.[345]
  • 29 de decembro - No norte de Iraq morren polo menos 35 civís iraquís de etnia kurda ao ser bombardeados por erro pola Forza Aérea Turca que os confundiu con guerrilleiros do Partido dos Traballadores do Kurdistán (grupo guerrilleiro que loita pola independencia do Kurdistán Turco) que estarían intentando cruzar a fronteira de Iraq con Turquía.[346]
Other Languages
Аҧсшәа: 2011
Afrikaans: 2011
Alemannisch: 2011
አማርኛ: 2011 እ.ኤ.አ.
aragonés: 2011
العربية: 2011
ܐܪܡܝܐ: 2011
مصرى: 2011
asturianu: 2011
авар: 2011 сон
Aymar aru: 2011
azərbaycanca: 2011
башҡортса: 2011 йыл
Boarisch: 2011
žemaitėška: 2011
Bikol Central: 2011
беларуская: 2011
беларуская (тарашкевіца)‎: 2011
български: 2011
भोजपुरी: 2011
Bahasa Banjar: 2011
বাংলা: ২০১১
brezhoneg: 2011
bosanski: 2011.
català: 2011
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: 2011 nièng
нохчийн: 2011 шо
Cebuano: 2011
کوردی: ٢٠١١
qırımtatarca: 2011
čeština: 2011
kaszëbsczi: 2011
Чӑвашла: 2011
Cymraeg: 2011
dansk: 2011
Deutsch: 2011
Zazaki: 2011
dolnoserbski: 2011
ދިވެހިބަސް: 2011
ཇོང་ཁ: ༢༠༡༡
Ελληνικά: 2011
emiliàn e rumagnòl: 2011
English: 2011
Esperanto: 2011
español: 2011
eesti: 2011
euskara: 2011
estremeñu: 2011
فارسی: ۲۰۱۱
suomi: 2011
Võro: 2011
føroyskt: 2011
français: 2011
arpetan: 2011
Nordfriisk: 2011
furlan: 2011
Frysk: 2011
Gaeilge: 2011
Gagauz: 2011
贛語: 2011年
Gàidhlig: 2011
گیلکی: 2011
Avañe'ẽ: 2011
Gaelg: 2011
客家語/Hak-kâ-ngî: 2011-ngièn
עברית: 2011
हिन्दी: २०११
Fiji Hindi: 2011
hrvatski: 2011.
hornjoserbsce: 2011
Kreyòl ayisyen: 2011 (almanak gregoryen)
magyar: 2011
հայերեն: 2011
interlingua: 2011
Bahasa Indonesia: 2011
Ilokano: 2011
ГӀалгӀай: 2011 шу
Ido: 2011
íslenska: 2011
italiano: 2011
日本語: 2011年
la .lojban.: 2011moi
Basa Jawa: 2011
ქართული: 2011
Kabɩyɛ: 2011
қазақша: 2011 жыл
kalaallisut: 2011
ភាសាខ្មែរ: ឆ្នាំ ២០១១
ಕನ್ನಡ: ೨೦೧೧
한국어: 2011년
къарачай-малкъар: 2011 джыл
Ripoarisch: Joohr 2011
kurdî: 2011
коми: 2011-ӧд во
kernowek: 2011
Кыргызча: 2011
Latina: 2011
Lëtzebuergesch: 2011
лезги: 2011 йис
Limburgs: 2011
Ligure: 2011
lumbaart: 2011
lietuvių: 2011 m.
latviešu: 2011. gads
मैथिली: २०११
Basa Banyumasan: 2011
Malagasy: 2011
олык марий: 2011
Māori: 2011
Baso Minangkabau: 2011
македонски: 2011
മലയാളം: 2011
монгол: 2011 он
मराठी: इ.स. २०११
кырык мары: 2011 и
Bahasa Melayu: 2011
မြန်မာဘာသာ: ၂၀၁၁
эрзянь: 2011 ие
مازِرونی: ۲۰۱۱ (میلادی)
Dorerin Naoero: 2011
Nāhuatl: 2011
Napulitano: 2011
Plattdüütsch: 2011
Nedersaksies: 2011
नेपाली: सन् २०११
नेपाल भाषा: सन् २०११
Nederlands: 2011
norsk nynorsk: 2011
norsk: 2011
Nouormand: 2011
Sesotho sa Leboa: 2011
occitan: 2011
Livvinkarjala: 2011
ଓଡ଼ିଆ: ୨୦୧୧
Ирон: 2011-æм аз
ਪੰਜਾਬੀ: 2011
Pangasinan: 2011
Kapampangan: 2011
Papiamentu: 2011
पालि: २०११
polski: 2011
Piemontèis: 2011
پنجابی: 2011
português: 2011
Runa Simi: 2011
română: 2011
русский: 2011 год
русиньскый: 2011
संस्कृतम्: २०११
саха тыла: 2011 сыл
sardu: 2011
sicilianu: 2011
Scots: 2011
سنڌي: 2011ع
davvisámegiella: 2011
srpskohrvatski / српскохрватски: 2011
සිංහල: 2011
Simple English: 2011
slovenčina: 2011
slovenščina: 2011
Gagana Samoa: 2011
Soomaaliga: 2011
shqip: 2011
српски / srpski: 2011
Seeltersk: 2011
Basa Sunda: 2011
svenska: 2011
Kiswahili: 2011
ślůnski: 2011
தமிழ்: 2011
తెలుగు: 2011
tetun: 2011
тоҷикӣ: Соли 2011
ไทย: พ.ศ. 2554
Türkmençe: 2011
Tagalog: 2011
Tok Pisin: 2011
Türkçe: 2011
татарча/tatarça: 2011 ел
Twi: 2011
удмурт: 2011 ар
українська: 2011
اردو: 2011ء
oʻzbekcha/ўзбекча: 2011
vèneto: 2011
Tiếng Việt: 2011
West-Vlams: 2011
Volapük: 2011
walon: 2011
Winaray: 2011
吴语: 2011年
хальмг: 2011 җил
მარგალური: 2011
ייִדיש: 2011
Yorùbá: 2011
Zeêuws: 2011
中文: 2011年
Bân-lâm-gú: 2011 nî
粵語: 2011年