1800
English: 1800

1800
Calendario gregoriano1800
MDCCC
Ab urbe condita2553
Calendario armenio1249
Calendario chinés4496 – 4497
Calendario hebreo5560 – 5561
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1855 – 1856
 ·  Shaka Samvat1722 – 1723
 ·  Kali Yuga4901 – 4902
Calendario persa1178 – 1179
Calendario musulmán1215 – 1216
Calendario rúnico2050
Década de 1800
179617971798179918001801180218031804

Acontecementos

Gran Bretaña

  • O empresario británico Robert Owen implanta na súa fábrica de fiados de algodón (contruída en New Lanark), a xornada de traballo en dez horas e media. Tamén prohíbe que traballen os nenos menores de 10 anos. Desta forma impúlsanse as primeiras medidas de protección laboral.
  • O 1 de agosto fírmase a Acta de Unión, integrando a Irlanda, votada, a petición de Pitt (o Xove), polos deputados ingleses. Irlanda será representada, a pesar seu, no parlamento do Reino Unido.

España

India

  • O gobernador xeral da India, Richard C. Wellesley, impón o protectorado británico o nizam de Hyderabad, un territorio situado na zona central do Decán.

Indonesia

  • O 1 de xaneiro a Coroa neerlandesa faise cargo das propiedades que ten en Indonesia a Compañía das Indias Orientais, disolta pola mala xestión e corrupción.

Alemaña

  • O poeta alemán Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como "Novalis", publica os seus "Himnos de la noche", no que expresa o vínculo místico que o une con Sofía von Kühn (que era a súa prometida, morta no 1797 con 15 anos de idade). Toda a obra xira en torno á alternativa, a superposición dos soños e a realidade. A poesía alcanza mediante a densidade e a musicalidade da palabra unha forza de expresión nova, que será unha das referencias dos teóricos do romanticismo. Sentíndose rodeado pola presenza real da morte, o poeta declara apercebir as doces chamadas do invisible e desexa unirse á súa amada, non co suicidio, senón mediante o acto de voluntade. Novalis nacera no 1772 e morrería no 1801.

Reino Unido

  • O fisiólogo británico Anthony Carlisle, axudado polo físico William Nicholson, descobren a electrólise ao descompoñe-la auga acidulada. Xuntos realizan, tamén, a electrólise das sales metálicas disoltas.
  • O astrónomo anglo-alemán William Herschel descobre as ondas infravermellas. Trátase dunha onda electromagnética cun rango e frecuencia invisibles para o ollo humano. Herschel descubrirá, ademais, o planeta Urano, centos de estrelas e algunhas nebulosas.

Roma

  • O 14 de marzo o papa Pío VII (cuxo nome real era Gregorio Chiaramonti), con idade de 59 anos sobe ó solio pontificio, na calidade de sucesor de Pío VI (despois de 7 meses e medio nos que o trono pontifical permaneceu baleiro). Pío VII asumirá o seu cargo durante 23 anos (xa que finará o 20 de agosto de 1823).

Malta

  • As tropas británicas ocupan a illa tralo asedio de 2 anos. O británicos non pensan devolve-la illa de Malta á Orde dos Cabaleiros e prepáranse para unha longa ocupación.

Francia

  • Napoleón Bonaparte instálase nunha casa acomodada nas Tullerías o 19 de febreiro. O día seguinte (20 de febreiro) a Banca de Francia, que fora fundada por unha asociación de banqueiros que contaban co patrocinio de Napoleón, escomenza as primeiras operacións.
  • O 14 de xuño durante unha revolta en Exipto na que morre o xeneral francés, Jean Baptiste Kléber, o seu substituto, o xeneral francés Jacques Francois de Boussay, asume o poder militar no país. Tamén nese mesmo día, as tropas de Napoleón Bonaparte derrotan o exército austríaco na batalla de Marengo.

Italia

  • Na cidade de Pavía dáse a coñecer o invento da pila eléctrica creada por Alessandro Volta (que nacera na localidade de Como un 19 de febreiro de 1745 e finaría na mesma o 5 de marzo de 1827). A pila estaba composta por parellas de laminillas de cinc e cobre en contacto directo; cada parella estaba separada da seguinte por un cartón húmido. A artefacto desempeñaba a acción dunha batería de condensadores que se recarga de forma inmediata.
  • En maio, unha segunda campaña de Napoleón Bonaparte (que duraría ata decembro de 1800), desenvolverase no marco da segunda coalición. Napoleón atravesará o Gran San Bernardo cun exército de reserva (feito que ocorrirá do 14 ao 23 de maio). Despois do éxito da vanguarda en Montebello (o 9 de xuño), vólvese a enfrontar contra os austríacos en Marengo (onde Desaix e Boudet transformarán en vitoria decisiva unha situación moi crítica). Mentres que Moreau e o exército de Alemaña invaden Baviera e ameazan o interior de Austria, Napoleón Bonaparte ocupa Lombardía e Venecia, impoñendo a Austria o armisticio de Trévise (que se asinará o 15 de xaneiro de 1801), preludio do tratado de Lunéville.

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

  • 10 de xaneiro - Johan Wikmanson, compositor sueco.
  • 27 de abril - Evstigney Iptovich Fomin, compositor ruso.
  • 3 de maio - Johann Christian Fischer, compositor alemán
  • 7 de maio - Niccolo Piccinni, compositor italiano.
  • 10 de xuño - Johann Abrahan Peter Schulz, compositor alemán.
  • 14 de xuño - Jean-Baptiste Kléber, xeneral francés que prestaba servizo coas súas tropas en Exipto.
  • 20 de xuño - Abraham Gotthelf Kaestner, matemático alemán.
  • 3 de agosto - Carl Friedrich Christian Fasch, compositor alemán.
  • 8 de setembro - Pierre Gavinies, violinista e compositor francés.
  • 26 de setembro - William Billings, compositor americano.
  • 9 de novembro - Domingos Caldas-Barbosa, poeta e escritor brasileiro.

Outros

Breves

  • 18 de xaneiro - En Francia diversos comerciantes e banqueiros crean a Banca de Francia.
  • 22 de febreiro - Inaugúrase o Seminario de Olinda, que será un máis a sumarse nos que xa hai feitos en Brasil e que complementará o município do seu nome.
  • 23 de marzo - O Congreso de Estados Unidos aproba unha medalla para o capitán Thomas Truxtun.
  • 24 de abril - Co visto e prace do Congreso, comézase a construción da biblioteca do mesmo edificio.
  • 9 de xuño - Celébrase a Batalla de Montevello entre os franceses e os austríacos.
  • 8 de xullo - Un documento do estado brasileiro obriga aos propietarios a conserva-las arbores nunha distancia dende as costas do mar a 18 leguas terra adentro.
  • 30 de agosto - Nos Estados Unidos, no estado de Virxinia fórmase unha rebelión de escravos, coñecida coma revolta de Gabriel.
  • 30 de outubro - É executado o líder escravista, Gabriel Prosser, quen fora o principal responsable da rebelión de escravos no estado de Virxinia.
  • 16 de decembro - Francia e os Estados Unidos asinan un documento, coñecido como "Convención 1800".
  • Segundo outros historiadores, neste ano o físico alemán Johann Wilhelm Ritter descobre a radiación ultravioleta por simple casualidade.
  • Ao longo deste ano a novela de Charles Dickens, "Almacén de antigüidades" é publicada por entregas dun capítulo á semana.
  • O enxeñeiro inglés Richard Trevithink (ou Trevithick) constrúe o primeiro motor con vapor a presión.

Historia ano a ano


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Other Languages
Аҧсшәа: 1800
Afrikaans: 1800
Alemannisch: 1800
አማርኛ: 1800 እ.ኤ.አ.
aragonés: 1800
العربية: 1800
مصرى: 1800
asturianu: 1800
Aymar aru: 1800
azərbaycanca: 1800
башҡортса: 1800 йыл
Bali: 1800
Boarisch: 1800
žemaitėška: 1800
Bikol Central: 1800
беларуская: 1800
беларуская (тарашкевіца)‎: 1800
български: 1800
বাংলা: ১৮০০
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: মারি ১৮০০
brezhoneg: 1800
bosanski: 1800.
català: 1800
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: 1800 nièng
нохчийн: 1800 шо
Cebuano: 1800
کوردی: ١٨٠٠
qırımtatarca: 1800
čeština: 1800
kaszëbsczi: 1800
Чӑвашла: 1800
Cymraeg: 1800
dansk: 1800
Deutsch: 1800
Zazaki: 1800
ཇོང་ཁ: ༡༨༠༠
Ελληνικά: 1800
emiliàn e rumagnòl: 1800
English: 1800
Esperanto: 1800
español: 1800
eesti: 1800
euskara: 1800
suomi: 1800
føroyskt: 1800
français: 1800
Nordfriisk: 1800
furlan: 1800
Frysk: 1800
Gaeilge: 1800
贛語: 1800年
Gàidhlig: 1800
Avañe'ẽ: 1800
Gaelg: 1800
עברית: 1800
हिन्दी: १८००
hrvatski: 1800.
hornjoserbsce: 1800
Kreyòl ayisyen: 1800 (almanak gregoryen)
magyar: 1800
հայերեն: 1800
Արեւմտահայերէն: 1800 թուական
interlingua: 1800
Bahasa Indonesia: 1800
Ilokano: 1800
ГӀалгӀай: 1800 шу
Ido: 1800
íslenska: 1800
italiano: 1800
日本語: 1800年
Jawa: 1800
ქართული: 1800
қазақша: 1800 жыл
ಕನ್ನಡ: ೧೮೦೦
한국어: 1800년
къарачай-малкъар: 1800 джыл
Ripoarisch: Joohr 1800
коми: 1800-ӧд во
Кыргызча: 1800
Latina: 1800
Lëtzebuergesch: 1800
лезги: 1800 йис
Limburgs: 1800
lumbaart: 1800
lietuvių: 1800 m.
latviešu: 1800. gads
मैथिली: १८००
Basa Banyumasan: 1800
Malagasy: 1800
олык марий: 1800
Māori: 1800
Minangkabau: 1800
македонски: 1800
मराठी: इ.स. १८००
кырык мары: 1800 и
Bahasa Melayu: 1800
မြန်မာဘာသာ: ၁၈၀၀
эрзянь: 1800 ие
Nāhuatl: 1800
Napulitano: 1800
Plattdüütsch: 1800
नेपाली: सन् १८००
नेपाल भाषा: ई सं १८००
Nederlands: 1800
norsk nynorsk: 1800
norsk: 1800
Nouormand: 1800
Sesotho sa Leboa: 1800
occitan: 1800
Livvinkarjala: 1800
ଓଡ଼ିଆ: ୧୮୦୦
Ирон: 1800-æм аз
ਪੰਜਾਬੀ: ੧੮੦੦
पालि: १८००
polski: 1800
پنجابی: 1800
português: 1800
Runa Simi: 1800
română: 1800
русский: 1800 год
русиньскый: 1800
संस्कृतम्: १८००
саха тыла: 1800
sardu: 1800
sicilianu: 1800
Scots: 1800
سنڌي: 1800ع
davvisámegiella: 1800
srpskohrvatski / српскохрватски: 1800
ၽႃႇသႃႇတႆး : 1800
Simple English: 1800
slovenčina: 1800
slovenščina: 1800
shqip: 1800
српски / srpski: 1800
Seeltersk: 1800
Sunda: 1800
svenska: 1800
Kiswahili: 1800
தமிழ்: 1800
తెలుగు: 1800
tetun: 1800
тоҷикӣ: Соли 1800
ไทย: พ.ศ. 2343
Türkmençe: 1800
Tagalog: 1800
Türkçe: 1800
татарча/tatarça: 1800 ел
українська: 1800
اردو: 1800ء
oʻzbekcha/ўзбекча: 1800
vèneto: 1800
Tiếng Việt: 1800
West-Vlams: 1800
Volapük: 1800
walon: 1800
Winaray: 1800
吴语: 1800年
მარგალური: 1800
ייִדיש: 1800
Yorùbá: 1800
中文: 1800年
Bân-lâm-gú: 1800 nî
粵語: 1800年