Ñu

Ñus
Connochaetes
Ñu negro (Connochaetes gnu)
Ñu negro (Connochaetes gnu)

Ñu azul (Connochaetes taurinus)
Ñu azul (Connochaetes taurinus)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Alcelaphinae
Tribo: Alcelaphini
Xénero: Connochaetes
Lichtenstein, 1812
Especie tipo
Antilope gnu Gmelin, 1788
= Antilope gnou
Zimmermann, 1780
Distribución:En amarelo: ñu negroEn azul: ñu azul En pardo escuro: ambas as especies

Distribución:
En amarelo: ñu negro
En azul: ñu azul
En pardo escuro: ambas as especies
Especies

Os ñus [1] son mamíferos artiodáctilos ruminantes pertencentes á familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.

Son grandes antílopes africanos que se integran no xénero Connochaetes, que comprende tan só dúas especies, o chamado ñu negro (Connochaetes gnou) e o ñu azul (Connochaetes taurinus).

Taxonomía

O xénero Connochaetes foi descrito por primeira vez en 1812 polo explorador, naturalista, médico e alemán Martin Lichtenstein, na páxina 162 dun traballo publicado no número 6 da revista Der Gesellschaft Naturforschender Freunde zu Berlin Magazin für die neuesten Entdeckungen in der Gesammten Naturkunde (coñecida abreviadamente como Ges. Naturf. Freunde Berlin Mag.). [2]

O nome xenérico Connochaetes deriva das palabras do grego antigo κόννος kónnos, "barba", e χαίτη, chaítē, "pelo que flue", "melena". [3]

O nome común, ñu é a adaptación de t'gnu, [4] o nome que lle dan a estes animais os khoikhoi, pequeno grupo étnico nómade da África do suroeste, especialmente de Botsuana e Namibia, que se separou da tribo dos hotentotes ou khoisan.

Especies e subespecies

Existen dúas especies de ñus, distinguíndose nunha delas tres subespecies: [2] [5] [6]

  • Xénero Connochaetes Lichtenstein, 1812
    • Connochaetes gnou Burchell, 1823 — Ñu negro, ou de cola branca.
    • Connochaetes taurinus Zimmermann, 1780 - Ñu azul
      • C. t. albojubatus Thomas, 1912 — Ñu de barba branca oriental, que se encontra no Val do Rift ao sur do Ecuador, desde o centro de Kenya até o norte de Tanzania.
      • C. t. cooksoni Blaine, 1914 - Ñu de Cookson, que está restrinxido no val de Luangwa, en Zambia, aínda que ás veces estes animais poden deambular pola rexión da meseta central de Malawi.
      • C. t. johnstoni Sclater, 1896 — Ñu de Niasa, que se estende desde Mozambique (ao norte do río Zambeze) até o centro-leste de Tanzania. A pesar do seu nome (Niasalandia hoxe denomínase Malaui) esta subespecie está acualmente extinguida na República de Malaui.
      • C. t. mearnsi (Heller, 1913) — Ñu de barba branca occidental, que se encontra no norte de Tanzania e en Kenya meridional. A súa área de dispersión esténdese desde o oeste do Val do Rift até a baía de Speke, no lago Victoria.
      • C. t. taurinus (Burchell, 1823) — Ñu azul, ñu común ou ñu alistado, que se encontra na África meridional, desde Namibia e Suráfrica a Mozambique (ao norte do río Orange) e desde o suroeste de Zambia (ao sur do río Zambeze) até Angola meridional.
Other Languages
Afrikaans: Wildebees
አማርኛ: ወንደቢ
العربية: نو (حيوان)
авар: Гну
azərbaycanca: Qnu
башҡортса: Гну
български: Гнута
brezhoneg: Gnou
català: Nyu
Cebuano: Connochaetes
čeština: Pakůň
dansk: Gnuer
Deutsch: Gnus
Ελληνικά: Γκνου
English: Wildebeest
Esperanto: Gnuo
español: Connochaetes
euskara: Ñu
فارسی: کل یالدار
suomi: Gnuut
français: Gnou
Gaeilge: Gnú
Gàidhlig: Wildebeest
हिन्दी: विल्डबीस्ट
hrvatski: Gnu
magyar: Gnú
interlingua: Gnu
Bahasa Indonesia: Wildebeest
Ido: Gnuo
italiano: Connochaetes
日本語: ヌー
ქართული: გნუ
қазақша: Гнулар
한국어: 누 (동물)
Кыргызча: Гну
лезги: Гну
lietuvių: Antilopės gnu
latviešu: Antilopes gnu
олык марий: Гну
Bahasa Melayu: Gnu
မြန်မာဘာသာ: ဆတ်ကျွဲ
Nederlands: Gnoes
norsk nynorsk: Gnu
norsk: Gnuer
Sesotho sa Leboa: Kgokong
polski: Gnu
پنجابی: جنگلی بینسا
português: Gnu
Runa Simi: Ñu
русский: Гну
srpskohrvatski / српскохрватски: Gnuovi
Simple English: Wildebeest
chiShona: Ngongoni
српски / srpski: Гну
svenska: Gnuer
Kiswahili: Nyumbu
Türkçe: Gnu
удмурт: Гну
українська: Гну
Tiếng Việt: Linh dương đầu bò
Winaray: Connochaetes
中文: 角马