Éster

Fórmula xeral dun éster.

En química, os ésteres son compostos orgánicos derivados da reacción dun ácido osixenado orgánico ou inorgánico cun grupo OH ( hidroxilo) doutra substancia, que pode ser un alcohol ou un fenol [1]. Nos ésteres un grupo alquilo (simbolizado por R' e procedente do alcohol) substitúe a un átomo de hidróxeno do ácido osixenado. Etimoloxicamente, a palabra éster provén da voz do idioma alemán Essig-Äther ( éter de vinagre), como se chamaba antigamente ao acetato de etilo, e o termo foi acuñado en química polo alemán Leopold Gmelin [2].

Nos ésteres máis comúns o ácido en cuestión é un ácido carboxílico (co grupo -COOH). Por exemplo, se o ácido é o ácido acético, o éster denomínase acetato. Os ésteres tamén se poden formar con ácidos inorgánicos, como o ácido carbónico (orixina ésteres carbónicos), o ácido fosfórico (ésteres fosfóricos) ou o ácido sulfúrico. Por exemplo, o sulfato de dimetilo é un éster, ás veces chamado "éster dimetílico do ácido sulfúrico".

Éster

(éster de ácido carboxílico)

Éster carbónico

(éster de ácido carbónico)

Éster fosfórico

(triéster de ácido fosfórico)

Éster sulfúrico

(diéster de ácido sulfúrico)

Ester.svg Organocarbonate-2D-general.png Phosphate ester.PNG Organosulfate.png

Un ensaio moi usado para detectar ésteres é a formación de hidroxamatos férricos, doados de recoñecer xa que son moi coloreados: Ensaio do ácido hidroxámico: a primeira fase da reacción é a conversión do éster nun ácido hidroxámico ( catalizado por base). No seguinte paso este reacciona con cloruro férrico producindo un hidroxamato de intensa cor vermella-violeta.

Enlace éster. Os ésteres son moi importantes, xa que o fosfato dos ácidos nucleicos está unido por enlace éster. Tamén as graxas do tecido adiposo ( triacilglicéridos) e outros lípidos conteñen enlace éster. Moitos aromas naturais son ésteres. A nitroglicerina é un éster de nitrato. O poliéster é un plástico formado por monómeros unidos por enlace éster.

Esterificación en química orgánica

En bioquímica os ésteres son o produto da reacción entre un ácido graxo e un alcohol. Na formación de ésteres, o grupo OH ( hidroxilo) do alcohol reacciona co grupo -COOH (carboxilo) do ácido graxo, quedando ambos enlazados formando o éster e liberándose unha molécula de auga. Esta reacción denomínase esterificación. Os ésteres máis comunmente atopados na natureza son as graxas, que son ésteres de glicerina e ácidos graxos. A glicerina é un alcohol con tres grupos -OH, polo que se están todos esterificados con ácidos graxos, orixínase un triacilglicérido.

En química orgánica e bioquímica os ésteres son un grupo funcional composto dun radical orgánico unido ao residuo de calquera ácido osixenado, orgánico ou inorgánico.

Un éster cíclico chámase lactona tanto se procede dun ácido orgánico coma inorgánico.

Reacción de esterificación
Other Languages
Afrikaans: Ester
العربية: إستر
asturianu: Éster
беларуская (тарашкевіца)‎: Складаныя этэры
български: Естер
bosanski: Ester
català: Èster
کوردی: ئەستەر
čeština: Estery
Cymraeg: Ester
dansk: Ester
Deutsch: Ester
Ελληνικά: Εστέρες
English: Ester
Esperanto: Estero
español: Éster
eesti: Estrid
euskara: Ester
suomi: Esterit
français: Ester
Nordfriisk: Ester
Gaeilge: Eistear
עברית: אסטר
हिन्दी: एस्टर
hrvatski: Esteri
Kreyòl ayisyen: Estè
magyar: Észterek
Bahasa Indonesia: Ester
íslenska: Estri
italiano: Esteri
日本語: エステル
한국어: 에스터
Latina: Ester
lumbaart: Ester
lietuvių: Esteris
latviešu: Esteri
македонски: Естер
മലയാളം: എസ്റ്റർ
Bahasa Melayu: Ester
Plattdüütsch: Ester
Nederlands: Ester (scheikunde)
norsk nynorsk: Ester
norsk: Ester
occitan: Estèr
ਪੰਜਾਬੀ: ਐਸਟਰ
polski: Estry
پښتو: ایستر
português: Éster
română: Esteri
Scots: Ester
srpskohrvatski / српскохрватски: Estri
Simple English: Ester
slovenščina: Ester
shqip: Esteret
српски / srpski: Estar
Basa Sunda: Éster
svenska: Estrar
தமிழ்: எசுத்தர்
తెలుగు: ఎస్టర్
Türkçe: Ester
українська: Естери
اردو: اسٹر
Tiếng Việt: Este
中文:
粵語: