Área metropolitana de Pamplona

Concellos que forman a área metropolitana de Pamplona.

A área metropolitana de Pamplona (en éuscaro: Iruñerria) é un núcleo urbano que se estende arredor da cidade de Pamplona, a capital da Comunidade Foral de Navarra, e está delimitada polo ámbito xeográfico da Cuenca de Pamplona.

Está formada polos concellos de: Antsoain, Aranguren (Mutiloa), Barañain, Beriain, Berriobeiti (Aitzoain, Berriogoiti, Berriobeiti e Artika), Berriozar, Burlata, Zizur Zendea, Eguesibar (Olatz Txipia, Sarriguren e Gorraitz), Etxauri, Ezkabarte (Arre e Orikain), Galar (Cordobilla), Uharte, Txulapain, Noain (só Noain), Olaibar, Oltza Zendea, Orkoien, Pamplona, Tiebas-Muru Artederreta, Atarrabia, Zabaltza e Zizur Nagusia.[1]

A súa poboación no 2010 era de 348 753 habitantes, cunha superficie de 488,6 km², o que supón unha densidade de 685,28 hab/km².[2]

Notas

  1. Concellos que forman as áreas urbanas e metropolitanas Arquivado 14 de decembro de 2009 en Arquivado 09 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  2. Datos do proxecto AUDES5 Arquivado 09 de febreiro de 2012 en Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine..