Ámsterdam

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Ámsterdam
Amsterdam
Flag of Amsterdam.svg
Amsterdam wapen.svg
KeizersgrachtReguliersgrachtAmsterdam.jpgPaleis op de dam.JPG
Concertgebouw3x2.jpgReplica VOC-schip Amsterdam.jpg
Amsterdam rainbow coffeeshop.jpgAmsterdam red light district 24-7-2003.JPG
Zuidas by night, Amsterdam.jpg
Imaxes, de arriba abaixo e de esquerda a dereita: o Rijksmuseum,
canales de Ámsterdam, Palacio Real na Dam Square,
Royal Concertgebouw, Museo Marítimo Nacional,
unha coffee shop, Barrio vermello,
e Zuidas distrito de negocios de noite
Localización
Ámsterdam en Países Baixos
Ámsterdam
Ámsterdam
PaísFlag of the Netherlands.svg Países Baixos
ProvinciaFlag North-Holland, Netherlands.svg Holanda Setentrional
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie219,32 km²
Demografía
Poboación810.909 hab. (2014)
Densidade4.892 hab/km²
XentilicioAmsterdamés
Outros datos
Código postal1000–1109
AlcaldeEberhard van der Laan (www.amsterdam.nl

Ámsterdam[1][2] ou Ámsterdan[3][4] (en neerlandésAmsterdam[ˌɑmstərˈdɑm] (AFI)Nl-Amsterdam.ogg escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no leste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000, un millón e medio se contamos a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza do Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época, e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o museo Van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio roxo e os seus numerosos cofee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.[5]

Historia

Artigo principal: Historia de Ámsterdam.
Ámsterdan en 1538.

Nos principios da súa existencia, Ámsterdan non era máis nada que un pobo de pescadores. Segundo as lendas, a cidade foi fundada por dous pescadores da provincia norteña de Frisia, que por casualidade acabaron nas beiras do río Amstel nunha barquiña xunto ao seu can.

A data tradicional da fundación da cidade é o 27 de outubro de 1275, data na que se lles retirou aos seus habitantes a obriga de pagar peaxes, que por entón estaban asociados coas pontes neerlandesas. No ano 1300 concedéronlle os dereitos oficiais de cidade. A partir do século XIV Ámsterdan comezou a florecer como centro comercial, maioritariamente a base do comercio con outras cidades neerlandesas e alemás, coñecidas como a Liga Hanseática.

No século XVI, comezou o conflito entre os neerlandeses e Filipe II de España. Esta confrontación causou unha guerra que durou 80 anos, e que finalmente lle deu aos Países Baixos a súa independencia. Xa por esa época, despois da ruptura con España, a república neerlandesa ía gañando fama pola súa tolerancia con respecto ás relixións. Entre outros, buscaban refuxio en Ámsterdan xudeus sefardís de Portugal e España, comerciantes de Antuerpen, e hugonotes de Francia, que nos seus países eran perseguidos pola súa relixión.

O século XVII considérase a súa Idade de Ouro. A principios dese século, Ámsterdan converteuse nunha das cidades máis ricas do mundo. Dende o seu porto, saían embarcacións cara ao mar Báltico, América do Norte, África e as terras que agora representan Indonesia e Brasil. Desta forma foi creada a base dunha rede comercial mundial. Os comerciantes de Ámsterdan posuían a maior parte da Compañía Holandesa das Indias Orientais ou VOC. Esta organización instalouse nos países que logo pasarían a ser colonias de Holanda. Nesa época Ámsterdan era o principal porto comercial de Europa e o centro financeiro máis grande do mundo. A Bolsa de Ámsterdan foi a primeira que funcionou a diario.

A praza Dam a finais do século XVII

A poboación da cidade medrou lixeiramente de 10.000 no ano 1500, a 30.000 ao redor do ano 1570. No ano 1700 este número xa acadara os 200.000. Durante os séculos XVIII e XIX e até antes da Primeira e Segunda Guerra Mundial, o número de habitantes incrementou a non menos dun 300%, acadando os 800.000 habitantes. A partir de entón, e até a actualidade, o número foi relativamente constante.

Tralas guerras entre a república de Holanda e o Reino Unido e Francia, durante o século XVIII e a principios do século XIX, a prosperidade da cidade deixou de florecer. Sobre todo as Guerras Napoleónicas arrebataron as fortunas de Ámsterdan. A pesar diso, cando se estableceu oficialmente o Reino dos Países Baixos no ano 1815, a situación comezou a mellorar. Neste período unha das persoas clave das novas iniciativas foi Samuel Sarphati, un médico e planificador urbano, que trouxo a súa inspiración dende París.

As últimas décadas do século XIX adóitanse denominar como a "segunda Idade de Ouro", porque entre outros, construíronse novos museos, unha estación de tren e o Concertgebouw, que é o teatro musical da cidade. No mesmo período chegou á cidade a Revolución Industrial. Construíronse novas canles e vías marítimas para así mellorar a conexión entre Ámsterdan e o resto de Europa.

O Keizersgracht de noite

Xusto antes de que empezase a Primeira Guerra Mundial a cidade comezouse a expandir, construíndo novos barrios residenciais nos arredores. Durante esta guerra, os Países Baixos tomaron unha posición neutral, mais aínda así a poboación sufriu moita fame e unha grave falta de subministración de gas.

Tempo despois o Terceiro Reich invadiu os Países Baixos o día 10 de maio de 1940, tomando o control da nacións despois de cinco días de loita. Os alemáns instalaron un goberno civil nazi en Ámsterdan, que se encargaba da persecución dos xudeus. Tamén os neerlandeses que axudaban e protexían ás vítimas foron perseguidos. Máis de 100.000 xudeus foron deportados a campos de concentración. Entre eles atopábase Anne Frank. Só 5.000 xudeus sobreviviron a guerra. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a comunicación co resto do país cortouse e a poboación sufriu unha grave escaseza de comida e enerxía. Moitos habitantes de Ámsterdan tiveron que ir ao campo en procura dalgún tipo de alimentación. Para sobrevivir, consumíronse cans, gatos ou os bulbos das flores. Moitas árbores de Ámsterdan usáronse para obter enerxía, igual que a madeira das casas dos que desapareceran.

Other Languages
Acèh: Amsterdam
Afrikaans: Amsterdam
Akan: Amsterdam
Alemannisch: Amsterdam
አማርኛ: አምስተርዳም
aragonés: Amsterdam
Ænglisc: Amsterdam
العربية: أمستردام
ܐܪܡܝܐ: ܐܡܣܛܪܕܐܡ
asturianu: Ámsterdam
azərbaycanca: Amsterdam
تۆرکجه: آمستردام
башҡортса: Амстердам
Boarisch: Amsterdam
žemaitėška: Amsterdams
Bikol Central: Amsterdam
беларуская: Амстэрдам
беларуская (тарашкевіца)‎: Амстэрдам
български: Амстердам
भोजपुरी: एम्सटर्डम
Bahasa Banjar: Amsterdam
bamanankan: Amsterdam
brezhoneg: Amsterdam
bosanski: Amsterdam
буряад: Амстердам
català: Amsterdam
Chavacano de Zamboanga: Amsterdam
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Amsterdam
нохчийн: Амстердам
Cebuano: Amsterdam
qırımtatarca: Amsterdam
čeština: Amsterdam
kaszëbsczi: Amsterdam
Чӑвашла: Амстердам
Cymraeg: Amsterdam
dansk: Amsterdam
Deutsch: Amsterdam
Zazaki: Amsterdam
dolnoserbski: Amsterdam
Ελληνικά: Άμστερνταμ
emiliàn e rumagnòl: Amsterdam
English: Amsterdam
Esperanto: Amsterdamo
español: Ámsterdam
eesti: Amsterdam
euskara: Amsterdam
estremeñu: Ámsterdam
فارسی: آمستردام
suomi: Amsterdam
Võro: Amsterdam
Na Vosa Vakaviti: Amsterdam
føroyskt: Amsterdam
français: Amsterdam
arpetan: Amstèrdame
Nordfriisk: Amsterdam
furlan: Amsterdam
Frysk: Amsterdam
Gaeilge: Amstardam
Gagauz: Amsterdam
Gàidhlig: Amsterdam
Avañe'ẽ: Amterdam
Gaelg: Amsterdam
客家語/Hak-kâ-ngî: Amsterdam
עברית: אמסטרדם
Fiji Hindi: Amsterdam
hrvatski: Amsterdam
hornjoserbsce: Amsterdam
Kreyòl ayisyen: Amstèdam
magyar: Amszterdam
հայերեն: Ամստերդամ
interlingua: Amsterdam
Bahasa Indonesia: Amsterdam
Interlingue: Amsterdam
Ilokano: Amsterdam
ГӀалгӀай: Амстердам
íslenska: Amsterdam
italiano: Amsterdam
Basa Jawa: Amsterdam
ქართული: ამსტერდამი
Qaraqalpaqsha: Amsterdam
Taqbaylit: Amsterdam
Kabɩyɛ: Amstɛrɩdam
қазақша: Амстердам
한국어: 암스테르담
Перем Коми: Амстердам
къарачай-малкъар: Амстердам
kurdî: Amsterdam
kernowek: Amsterdam
Кыргызча: Амстердам
Latina: Amstelodamum
Ladino: Amsterdam
Lëtzebuergesch: Amsterdam
лезги: Амстердам
Lingua Franca Nova: Amsterdam
Limburgs: Amsterdam
Ligure: Amsterdam
lumbaart: Amsterdam
لۊری شومالی: آمئستئردام
lietuvių: Amsterdamas
latviešu: Amsterdama
мокшень: Амстердам
Māori: Amsterdam
македонски: Амстердам
монгол: Амстердам
кырык мары: Амстердам
Bahasa Melayu: Amsterdam
Malti: Amsterdam
မြန်မာဘာသာ: အမ်စတာဒမ်မြို့
Dorerin Naoero: Amsterdam
Nāhuatl: Amsterdam
Napulitano: Amsterdam
Plattdüütsch: Amsterdam
Nedersaksies: Amsterdam
नेपाली: आम्स्टर्डम
नेपाल भाषा: एम्स्तरद्याम
Nederlands: Amsterdam
norsk nynorsk: Amsterdam
norsk: Amsterdam
Novial: Amsterdam
Chi-Chewa: Amsterdam
occitan: Amsterdam
Livvinkarjala: Amsterdamu
ਪੰਜਾਬੀ: ਅਮਸਤੱਰਦਮ
Kapampangan: Amsterdam
Papiamentu: Amsterdam
Picard: Amsterdam
polski: Amsterdam
Piemontèis: Àmsterdam
پنجابی: ایمسٹرڈیم
português: Amesterdão
Runa Simi: Amsterdam
rumantsch: Amsterdam
română: Amsterdam
armãneashti: Amsterdam
tarandíne: Amsterdam
русский: Амстердам
русиньскый: Амстердам
саха тыла: Амстердам
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱟᱢᱥᱴᱚᱨᱰᱮᱢ
sardu: Amsterdam
sicilianu: Amsterdam
Scots: Amsterdam
davvisámegiella: Amsterdam
srpskohrvatski / српскохрватски: Amsterdam
Simple English: Amsterdam
slovenčina: Amsterdam
slovenščina: Amsterdam
chiShona: Amsterdam
Soomaaliga: Amistardam
shqip: Amsterdami
српски / srpski: Амстердам
Sranantongo: Damsko
Sesotho: Amsterdam
Seeltersk: Amsterdam
Basa Sunda: Amsterdam
svenska: Amsterdam
Kiswahili: Amsterdam
ślůnski: Amsterdam
тоҷикӣ: Амстердам
Türkmençe: Amsterdam
Tagalog: Amsterdam
lea faka-Tonga: Amsterdam
Türkçe: Amsterdam
татарча/tatarça: Амстердам
удмурт: Амстердам
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئامستېردام
українська: Амстердам
oʻzbekcha/ўзбекча: Amsterdam
vèneto: Amsterdam
vepsän kel’: Amsterdam
Tiếng Việt: Amsterdam
West-Vlams: Amsterdam
Volapük: Amsterdam
Winaray: Amsterdam
Wolof: Amsterdam
მარგალური: ამსტერდამი
ייִדיש: אמסטערדאם
Yorùbá: Amsterdam
Zeêuws: Amsterdam
Bân-lâm-gú: Amsterdam
isiZulu: I-Amsterdami