Álvaro Arbeloa

Álvaro Arbeloa
Arbeloa2012.jpg
Arbeloa xogando para o Real Madrid en 2012.
Información persoal
Nome completoÁlvaro Arbeloa Coca
Nacemento17 de xaneiro de 1983 (35 anos)
LugarSalamanca, España
Altura1,83 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualWest Ham United
Número5
Carreira xuvenil
1995–2000Zaragoza
2000–2003Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2003–2006Real Madrid B50(1)
2004–2005Real Madrid2(0)
2006Deportivo da Coruña20(0)
2007–2009Liverpool66(2)
2009–2016Real Madrid153(3)
2016–West Ham United3(0)
Selección nacional
2001España sub-171(0)
2001España sub-195(0)
2005España sub-211(0)
2008–2013España56(0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 8 de febreiro de 2014.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 20 de novembro de 2013.

Álvaro Arbeloa Coca, nado en Salamanca o 17 de xaneiro de 1983, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu club actual é o West Ham United.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria

Comezos

Cando tiña catro anos a súa familia trasladouse a Zaragoza, onde aos 12 anos ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza, militando ata a tempada 2001-02, ano en que recalou nas categorías inferiores do Real Madrid. Xogou no Real Madrid Castilla, chegando a ser capitán do equipo que logrou o ascenso á Segunda División, a par de promesas como: Granero, Ruben de la Red, Roberto Soldado, Álvaro Negredo ou Mata. O que o levou a xogar dous partidos oficiais co primeiro equipo, ata o verán de 2006, momento no que foi contratado polo Deportivo da Coruña, que pagou 1,3 millóns de euros. Tan só estivo media tempada no Deportivo, chegando a xogar 20 partidos antes da súa fichaxe polo Liverpool.

Liverpool FC

Reina.
Arbeloa xogando co Liverpool en 2007.

O 31 de xaneiro de 2007 foi fichado polo Liverpool FC da FA Premier League por un total de 4 millóns de euros, debutando co equipo inglés o 10 de febreiro dese ano contra o Newcastle United. Tras unhas boas tempadas en Inglaterra, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés para a selección absoluta. Co Liverpool chegou a disputar 98 partidos, marcando 2 goles.

Real Madrid

Logo de disputar a Copa Confederacións en xuño de 2009, e tras semanas cheas de rumores, o 29 de xullo confirmouse a fichaxe de Arbeloa polo Real Madrid por cinco tempadas, regresando así ao club no que se formou como futbolista.[2] A operación pechouse nunha cantidade ao redor dos 4 millóns de euros.[3] Habitualmente xoga de lateral esquerdo debido ás carencias defensivas que ten o equipo por esa banda. O 13 de febreiro marca o seu primeiro gol coa camiseta do primeiro equipo, no partido Xerez CD-Real Madrid, facendo o 0-1 para o conxunto branco.

Other Languages
aragonés: Álvaro Arbeloa
asturianu: Álvaro Arbeloa
azərbaycanca: Alvaro Arbeloa
беларуская: Альвара Арбелоа
беларуская (тарашкевіца)‎: Альвара Арбэлёа
български: Алваро Арбелоа
čeština: Álvaro Arbeloa
Esperanto: Álvaro Arbeloa
español: Álvaro Arbeloa
français: Álvaro Arbeloa
hrvatski: Álvaro Arbeloa
Bahasa Indonesia: Álvaro Arbeloa
italiano: Álvaro Arbeloa
lietuvių: Álvaro Arbeloa
latviešu: Alvaro Arveloa
Malagasy: Álvaro Arbeloa
Bahasa Melayu: Álvaro Arbeloa
Nederlands: Álvaro Arbeloa
norsk nynorsk: Álvaro Arbeloa
português: Álvaro Arbeloa
română: Álvaro Arbeloa
srpskohrvatski / српскохрватски: Álvaro Arbeloa
Simple English: Álvaro Arbeloa
slovenčina: Álvaro Arbeloa
српски / srpski: Алваро Арбелоа
Türkçe: Álvaro Arbeloa
українська: Альваро Арбелоа
oʻzbekcha/ўзбекча: Álvaro Arbeloa
Tiếng Việt: Álvaro Arbeloa