Artigo destacado

ClarkeViola.jpg

Rebecca Clarke, nada o 27 de agosto de 1886 en Londres ( Inglaterra) e finada o 13 de outubro de 1979 na cidade de Nova York ( Estados Unidos), foi unha compositora e violista coñecida especialmente pola súa produción camerística para viola. Nada no borough londiniense de Harrow, estudou na Royal Academy of Music e no Royal College of Music de Londres, posteriormente converteuse nunha das primeiras mulleres en tocar en orquestras profesionais. Sorprendida polo inicio da Segunda Guerra Mundial nos Estados Unidos, estableceuse de xeito permanente na cidade de Nova York e casou co compositor e pianista James Friskin en 1944. Clarke morreu na súa casa de Nova York aos 93 anos de idade.

Aínda que Clarke escribiu pouco, en parte polas súas ideas sobre o rol da muller compositora, a súa obra foi recoñecida pola súa mestría. A maioría das súas obras aínda non foron publicadas (ou foron publicadas recentemente), e foron esquecidas durante moito tempo despois de que deixara de compoñer. O estudo e o interese nas súas composicións reviviu en 1976. A Rebecca Clarke Society creouse no ano 2000 para promover o estudo e a interpretación da súa música.

Sobre Galicia

Siniestro Total en Barcelona (8).jpg

Miña terra galega é unha canción do grupo galego Siniestro Total, gravada e publicada en 1984. É unha versión da canción « Sweet Home Alabama» do grupo estadounidense Lynyrd Skynyrd, un dos favoritos dos membros de Siniestro Total. A letra, principalmente en lingua castelá agás o verso que lle dá nome, foi composta por Julián Hernández, por aquel entón batería do grupo. Como o resto dos temas de Menos mal que nos queda Portugal, a canción gravouse nos estudos Trak de Madrid, con Paco Trinidad como produtor, en setembro de 1984. Os arranxos foron do propio Hernández e do resto de compoñentes do grupo, Miguel Costas ( guitarra e voz) e Alberto Torrado ( baixo). «Miña terra galega» é un dos temas máis coñecidos do grupo e, segundo Julián Hernández, unha das cancións de Siniestro Total con máis repercusión, cualificada en diversas ocasións na prensa coma un himno.

Tal día como hoxe no ano...

Cajal-mi.jpg
Hoxe é o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza e o Día Mundial contra a Dor.

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas séntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 79 561 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 260 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Other Languages
aragonés:
asturianu:
català: Portada
Cebuano: Unang_Panid
čeština: Hlavní_strana
dansk: Forside
Ελληνικά: Πύλη:Κύρια
English: Main_Page
euskara: Azala
estremeñu:
עברית: עמוד_ראשי
magyar: Kezdőlap
Bahasa Indonesia: Halaman_Utama
Nederlands: Hoofdpagina
norsk nynorsk: Hovudside
occitan:
srpskohrvatski / српскохрватски: Glavna_stranica
Simple English: Main_Page
Türkçe: Ana_Sayfa
українська: Головна_сторінка
Tiếng Việt: Trang_Chính